venres, 16 de novembro de 2018

xoves, 15 de novembro de 2018


CICLO DE CINE XAPONES (NIPON)

16/11  AS  20,00 HORAS NA UNION ANARCO-SINDICALISTA, Rua Whasintong,36
HIDEKO, A COBRADORA DO AUTOBUS (1941)

23/11 AS 19,00 HORAS NO ATENEO LIBERTARIO XOSE TARRIO, Rua Gil Vicente, 17
A CONDICION HUMANA

30/11 AS 20,00 HORAS NA UNION ANARCO-SINDICALISTA, Rua Whasintong, 36
A BALADA DE NARAYAMA

07/12 AS 20,00 HORAS NO ATENEO LIBERTARIO XOSE TARRIO, Rua Gil Vicente, 17
O EXERCITO ESPIDO DO EMPERADOR CONTINUA A SUA MARCHA

14/12 AS 20,00 HORAS NA UNION ANARCO SINDICALISTA, Rua Whasintong, 36
AIR DOLL


Novo CSOA en Compostela, O Aturuxo das Marías



Boas! Somos un grupo de persoas que viven en Compostela, que buscamos recuperar espazos comúns, tecer e fortalecer redes entre a xente dos barrios.
Atopámonos nunha cidade configurada pola especulación, a precariedade económica e o turismo insostible, na que o illamento e a falta de apoio entre as persoas está á orde do día. Numerosos inmobles fican abandoados e alleos ás necesidades da xente.
Ante este panorama consideramos lexítimo recuperar espazos mortos e baleiros para enchelos de vida. É por isto que queremos construír un centro social okupado e autoxestionado, onde todas as persoas decidimos e temos cousas que aportar. Un espazo de confianza e de seguridade que non é exclusivo da xuventude, senón que todas as experiencias teñen cabida. Sen máis, presentámosvos con moita ilusión o CSOA O aturuxo das Marías.

https://www.facebook.com/search/top/?q=csoa%20o%20aturuxo%20das%20mar%C3%ADas

domingo, 11 de novembro de 2018

XORNADAS SOBOR O TRABALLO SEXUAL

Sábado 17 no Ateneo Libertario Xose Tarrio as 16:30 horas:
Os diferentes modelos legais da prostitución. Situación no noso país (Saisei-chan, Unión Sindical de Trabajo Sexual -USTS-)
As xornadas terán lugar os días 17 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío e 18 no Centro Social A Comuna:No hay texto alternativo automático disponible.

venres, 9 de novembro de 2018

DOMINGO 11 DA NOVEMBRO MAGOSTO LIBERTARIO E ANTIMILITARISTA

O próximo domingo, día 11 as 11 horas teremos un Magosto Libertario e Antimilitarista, polo o fin da I primeira guerra mundial, onde os povos foron esnaquizados polos intereses do sistema capitalista. No local do Ateneo Libertario Xosé Tarrio, xunto as compas da Unión Anarco Sindicalista (UAS) e GERMINAL Centro de Estudios. Estades invitadas.



sábado, 3 de novembro de 2018

Sábado día 10 de novembro as 11 horas na Rúa Canceliña, diante da entrada do Observatorio, faremos un Roteiro polos terreos que as veciñas do Agra do Orzan reclaman como espazo público e verde onde disfrutar, lonxe do asfalto.

Ruta a seguires
https://drive.google.com/open?id=1M8KUO3R0K4TJhUh-YoRdbmusw29sP-92&usp=sharing

xoves, 1 de novembro de 2018

MARTES 6 DE NOVEMBRO AS 20,00 HORAS

Charla: Movemento autónomo dos anos 60 e70 e loita armada. Sobor do MIL e a Olla, e de Salvador Puig Antich asasinado a garrote vil pola dictadura franquista.