XXI MARCHA A CARCERE DE TEIXEIRO. 26 de decembro as 11 horas na gasolinera N-634 Curtis.

 Marcha ó cárcere de Teixeiro pola vulneración de dereitos das persoas
presas ante a COVID

Familiares, amizades, colectivos e individualidades convocan a XXI
Marcha a Teixeiro o vindeiro 26 de decembro para denunciaren que,
perante a estratexia europea de diminuír a poboación penitenciaria polos
riscos da pandemia, a única política do estado español é a restrición de
liberdades e a limitación do dereito a saúde

Após a Marcha á Lama o pasado 26 de setembro, colectivos políticos e
sociais convocan a XXI Marcha ó cárcere de Teixeiro para o 26 de
decembro. O punto de saída do percorrido que leva á prisión será a
gasolineria (N. 634, Km 633, Curtis) e terá lugar ás 11 horas.
        O obxectivo é reivindicaren o dereito á saúde das persoas presas, así
coma denunciar a restrición de liberdades que se están a produciren
dende o inicio da pandemia. Baixo o lema “Prisión + Covid= Dobre
encerro”, a iniciativa nace de man dun grupo de familiares e amizades de
persoas presas e é apoiada por diferentes colectivos e individualidades
implicadas na defensa dos dereitos humanos.
        Atendendo ás recomendacións das máis altas institucións en materia de
saúde pública, a maioría de estados europeos reduciron o número de
persoas presas para diminuíren os riscos da pandemia. Pola contra, a
política do estado español foi a de ir desleixando de dereitos a
poboación reclusa, xerando un estado de excepcionalidade permanente.
        Isto traduciuse na suspensión das visitas e vises. Tamén se paralizaron
as actividades programadas, as titoría da UNED, as saídas a
polideportivos e os voluntariados. Ademáis, a paralización dos Equipos
Técnicos e das Xuntas de Tratamento impediu as progresións de grao, o
acceso a reximes de semiliberdade e os permisos para saíren á rúa.
Doutra banda, despois de traslados ou visitas, as persoas presas están a
sufriren corentenas en reximes de isolamento estrito, o que é ilegal.
Finalmente, a nivel sanitario, estas políticas de restricións
precarizaron unha atención médica xa de por si deficiente. A
consecuencia máis extrema son as mortes das que ninguén se fai
responsable.
        A XXI Marcha ao cárcere de Teixeiro pretende, logo, que se actúe na
liña do que fixo Europa permitindo a saída dos colectivos máis
vulnerables. Isto é: As persoas gravemente enfermas, as maiores de 60
anos e con patoloxías previas crónicas. Tamén, as mulleres embarazadas e
con crianzas e as persoas con enfermidades mentais. Doutra banda, no
canto de eliminaren as visitas, familiares e amizades propoñen medidas
coma tomar a temperatura ou facer probas antes de entraren nas prisións,
lembrando que son os funcionarios quen, na meirande parte dos casos,
están a introducir o virus.
        A iniciativa propón, así mesmo, a adopción de medidas compensatorias
como a devolución de vises perdidos e dos que se perdan en futuras
restricións. Tamén se recomenda a concesión de terceiros graos, a
liberdade para presas e presos preventivos, indultos xerais ou parciais
para cada interna e o abono polos días que dure a situación excepcional
de alarma na liquidación da condena. Así pois, as medidas compensatorias
darían lugar a unha rebaixa extraordinaria equivalente á prolongación
temporal da situación de excepcionalidade.

DEFENDEMOS O DEREITO Á SAÚDE DAS PERSOAS PRESAS
Ante o aumento da falta de medios e dereitos pola pandemia:
Esiximos a compensación polo agravamento engadido da estancia en prisión
Esiximos a redución da poboación carceraria
ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS




Comentarios