domingo, 27 de xaneiro de 2019

EXPOSICON GUERRA CIVIL, CSO LA CASIKA-MOSTOLES

Os dias, 1, 2 e 3 de Febreiro teran lugar as xornadas sobor da Guerra Civil e o movemento libertario, na CSO La Casika, en Móstoles. Onde un compa falará sobor do Cine ao servizo da revolución, propaganda e espionaxe.

xoves, 17 de xaneiro de 2019

PRESENTACION DO LIBRO DE MANOLO RIVAS "UN MANIFESTO REBELDE CONTRA TODO ISTO"

XOVES, 24 DE XANEIRO AS 20,00 HORAS NO LOCAL DO ATENEO LIBERTARIO XOSE TARRIO.
PRESENTACIÓN DO LIBRO POLO ESCRITOR MANOLO RIVAS "UN MANIFESTO REBELDE CON-TRA TODO ISTO"
Estades todas convidadas a dita presentación.


martes, 15 de xaneiro de 2019

41º ANIVERSARIO DO MONTAXE "SALA SCALA"

41º ANIVERSARIO DO MONTAXE "SALA SCALA"

41 ANIVERSARIO DO MONTAXE DO CASO SCALA:
Hoxe fai 41 anos do patético montaxe do caso Scala. O goberno "democrático" na transición usou a un confidente (Gambín, máis coñecido como o Grillo) para que se lanzasen "cocteles molotovs" contra a sala de festas Scala. Según púdose demostrar máis tarde, a sala rociouse previamente con fósforo, provocando un incendio incontrolado e a morte de 4 obreiros (2 deles afiliados á CNT).
O montaxe foi evidente dende o primeiro momento, pero incomprensibel, isto calou na sociedade, provocando unha fuxida masiva de afiliados e un dano irreparabel o movemento anarquista.
41 anos dempois. Aínda que máis modestamente, seguimos loitando por isa sociedade antiautoritaria e igualitaria coa que todas sonhamos.
Pese a quen pese

VIVA A ANARQUIA.




martes, 8 de xaneiro de 2019

VENRES 11 AS 20,00 HORAS PROXECCION DOCUMENTAL LOUISE MICHEL LA REBELLE

VENRES, 11  AS 20,00 HORAS NO ATENEO LIBERTARIO XOSE TARRIO.
PROXECCION DO DOCUMENTAL: LOUISE MICHEL LA REBELLE
¿Quen foi Louise Michel? (Castillo de Vroncourt-la-Côte, 1830 – Marsella, 1905) Revolucionaria francesa. Institutriz de profesión, participou no levantamento revolucionario da Comuna de París de 1871, a causa do cal  foi deportada a Nueva Caledonia. Alí  interesouse vivamente polos nativos canacos. Amnistiada, regresou a Francia eno 1880, adicandose a propagar o ideario anarquista ao longo do país y por algunhas nacions europeas, mediante conferencias e escritos que suscitaban gran expectación.