Nais contra a impunidade

Quen somos?

A Asociación NAIS CONTRA A IMPUNIDADE, in memorian Xose Tarrio & Diego Viña, é unha Asociación legalmente constituída, formada por familiares, amig@s, solidari@s das persoas falecidas ou maltratadas a consecuencia do seu paso polos centros de detención do estado (comisarias, cadeas, psiquiátricos, centros de menores)

Nace en marzo de 2012 como herdanza espontánea doutras asociacións xa desaparecidas que, nos últimos 25 anos, traballaron cun espírito solidario, universal e de balde contra o cárcere, os tratos inhumanos e degradantes, a exclusión social e calquera forma de privación de liberdade.(preSOS Galiza, cc Antisida, etc).


Que facemos?

Loitamos contra toda forma de impunidade, mediante a axuda persoal directa, o asesoramento xurídico e as mobilizacións na rúa; para que os atentados contra os dereitos humanos non fiquen impunes. Organizámonos para ser a cara dos/as sen voz.


A quen diriximos a nosa solidariedade?

Pres@s, mulleres, inmigrantes ou doentes de VIH ou enfermidades sociais, son os colectivos máis vulnerables á impunidade e, por iso, centran o noso traballo.


Porque o facemos?

Porque as persoas presas, as excluídas, as enfermas, permanecen afastadas deste mundo material, porque o cárcere é un reflexo desta hipócrita sociedade, porque vivir en liberdade é hoxe mais que nunca un privilexio das clases adiñeiradas. Porque ser pobre, muller, inmigrante, xitano, toxicómano, supón para algunhas persoas un tráxico final entre rexas, nun calexón escuro, nunha cama de hospital. Porque estamos fartas de que isto sega así. Porque as familias e seres queridos non consentimos esta barbarie.


Como?

Autoxestionando recursos humanos e económicos. (Nais non percibe ningún tipo de Subvención, nin remuneración). Elaborando sen prexuízos novos xeitos de loita, debate, protesta e participación social. Coordinándonos con outras organizacións de xeito activo. A nosa acción directa realizase de xeito moi heteroxéneo, tentando implicar a persoas de todo tipo, sen diferenzas (afectadas, concienciadas, técnicos etc). Concienciando e xerando así unha rede de resposta.

Onde nos podes topar e cales son as nosas actuacións concretas?

(Plano)



Nos xulgados, nas Rúas, nos soños,.. petando nas portas das cadeas e onde se refuxie a impunidade. Participamos activamente no proxecto colectivo Ateneo Libertario Xose Tarrio, situado na Rúa La Paz nº 16 Baixo, CP 15007, polo que nos podes topar alí co seguinte horario.

  • Apoio as familias.Martes de 18,00 h a 20 h.
  • Grupo de apoio a familias de persoas encarceradas.
  • Taller de correspondencia e visitas as cadeas.
  • Asesoramento Xurídico. Martes de 18,00 h a 20 h.
  • Taller de autodefensa Habeas Corpus. (penitenciario, penal, sancións)
  • Universidade Popular. Cursos Trimestrais, e seminarios sobre temas de Interese
Asemade facemos unha xuntanza aberta o primeiro martes de cada mes as 20,00 h.

Info de contacto: Nais contra a Impunidade in memorian Xose Tarrio & Diego Viña
CIF G 70360706, enderezo postal Rúa La Paz n 17, CP 15007 A Coruña



Se queres colaborar:

Podes asinar o contrato Utópico que atoparas na nosa paxina web ou no noso local ou solicitandono por correio, mediante a achega de 5 € mensuais, que serviran para axuntar esforzos e permitir a autoxestión dos proxectos sociais.

NON MAIS MORTES BAIXO CUSTODIA

Comentarios