Venres 31 as 20,00 horas Sylvia Grossi falara da Folga xeral da Mondine, Italia 1906

Outro ano máis contamos coa presenza de Sylvia Grossi, a nosa fantástica compañeira de CNT Vigo (que ben nos ven que te achegases a nosa terra!) O ano pasado explicounos as vivenzas da súa familia, as famosas Grossi, que tiveron un papel moi destacado na Guerra Civil española.

Nesta ocasión vainos explicar o acontecido na folga xeral da mondine en Italia no 1906. As traballadoras da mondina adicábanse a quitar as malas herbas que medraban nos campos de arroz para favorecer o crecemento correcto das prantas. Tratábase dun trabajo esgotador feito na maioría dos casos polas mullleres de clase social baixa. Traballaban cos pes espidos, a espalda dobrada, a auga ata os xeonllos e soportando o calor do sol e os ataques dos insectos.

Grazas a dura loita destas traballadoras, moitas das súas reivindicacións foron atendidas.

Comentarios