Exposición anarquismo en Coruña no comezo do século XX

Dende o luns 27 de xullo ata o venres 31, de 19 a 21h, estará aberto o local para ver a exposición de anarquismo en Coruña no comezo do século XX.
Esta exposición está moi centrada na figura dos Montes (Manuel, Carlos e Antolín) xa que as súas descendentes deixáronos bastantes fotos e documentación. Tamén aparecen outras familias históricas como os Villaverde e os Otero. Asi mesmo, temos artigos dos xornais máis características da época: Solidaridad Obrera, Solidaridad, Despertad, Coruña Libre, etc.
Esta exposición serviranos para ilustrar os eventos máis relevantes desta época na nosa terra. Moi aconsellable acudir este luns 27 ás 20 horas porque unha compañeira que pertence os Montes axudaranos a facer a inauguración.

Comentarios