Novo CSOA en Compostela, O Aturuxo das Marías



Boas! Somos un grupo de persoas que viven en Compostela, que buscamos recuperar espazos comúns, tecer e fortalecer redes entre a xente dos barrios.
Atopámonos nunha cidade configurada pola especulación, a precariedade económica e o turismo insostible, na que o illamento e a falta de apoio entre as persoas está á orde do día. Numerosos inmobles fican abandoados e alleos ás necesidades da xente.
Ante este panorama consideramos lexítimo recuperar espazos mortos e baleiros para enchelos de vida. É por isto que queremos construír un centro social okupado e autoxestionado, onde todas as persoas decidimos e temos cousas que aportar. Un espazo de confianza e de seguridade que non é exclusivo da xuventude, senón que todas as experiencias teñen cabida. Sen máis, presentámosvos con moita ilusión o CSOA O aturuxo das Marías.

https://www.facebook.com/search/top/?q=csoa%20o%20aturuxo%20das%20mar%C3%ADas

Comentarios