martes, 5 de xaneiro de 2016

Xornadas antirepresivas

A finais de ano comezaron as xornadas antirepresivas, en apoio xs presxs co obxectivo de visibilizar e concienciar sobre a represión presente tras os muros das prisións, pero ata agora non puidemos subilo cartaz.

As xornadas terán lugar en tres centros sociais: Ateneo Libertario Xosé Tarrío, Centro Social A Comuna e Centro Social Gomes Gaioso.

Inauguramos o pasado 28 de decembro unha exposición con obras artísticas de presxs no Ateneo, pero dependendo da semana, como vedes no cartaz, as xornadas se realizarán en outros CCSS, polo que ademáis de haber proxeccións, palestras e charlas, se trasladará a exposición ao centro social correspondente.

Esperamos vervos nalgún evento, unha aperta e se agradece a difusión!


Ningún comentario:

Publicar un comentario